A Escada é un centro ocupacinal no que se desenvolven diversas actividades.
A Escada é un obsevatorio de emprego que a través da habilitación profesional serve de plataforma para a posterior integración laboral da persoa.
A presente páxina foi realizada pol@s alumn@s da Escada, ocupándose de insertar cada unha das imaxes e da infomación que se mostra na páxina.
Na creación da presente tamén colaborou a Rede de Dinamización de Culleredo, xunto co concello de Culleredo Innovación e industria.
Reciclando papel no CEIP de Tarrío.
Febreiro 2011.
Benvidos ao curso 2011-2012 do Centro O. M. A Escada.
Este novo curso comezou o día 10-9-11. Somos 15 alumnos (11 homes e 4 mulleres).
En setembro tivemos un horario de 9:00 da mañá as 14:00h. E de outubro a xuño, os martes, xoves e venres temos o mesmo horario agás os luns e mércores que estamos no centro de 9:00 as 17h. Eses días temos ximnasia, traendo os luns á comida da casa e os mércores cociñandoa no centro.
Durante os primeiros 15 días estivemos facendo as listas dos menús que imos comer ao longo do curso, e que buscamos nos libros de cociña que cada un de nós trouxo da casa.
Agora mesmo, aparte de facer bisutería, tamén facemos pulseiras de nudos e madeira.
Os martes imos á informática, onde buscamos os ingredientes da comida que imos facer, actualizamos ó blog que temos da escada, entramos no correo,etc.
Os xoves imos á natación terapéutica.
Temos no taller unha monitora de prácticas e a veces ben unha voluntaria a darnos clases de teatro ou facer actividades lúdicas.
Reciclando papel no CEIP Ría do Burgo.
Marzo 2011.
Haz clic en iniciar sesión,
acepta las condiciones de uso,
inserta la contraseña que te hemos enviado.